A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de técnicos municipais, supervisou este venres o avance das obras da nova pasarela peonil sobre a N-VI, que mellorará a seguridade e comodidade de acceso dende o casco urbano á zona fluvial e ao estadio Anxo Carro. Durante a pasada madrugada leváronse a cabo os traballos de colocación do vano central da pasarela, para o que se habilitaron desvíos nos dous sentidos da estrada nacional.
Continue readingAuthor Archives: webmaster
Avanzan as obras da pasarela peonil da N-VI coa instalación, este xoves, da súa estrutura central, para o que se habilitarán desvíos
Os traballos levaranse a cabo en horario nocturno para minimizar o impacto sobre o tráfico. Sinalizaranse dous desvíos en ambos sentidos de circulación
Os seguintes pasos contemplan a construción das ramplas, a colocación de varandas, así como a instalación de alumeado e a humanización do itinerario
Este proxecto, co que se mellorará a comodidade de acceso ao Miño e ao estadio Anxo Carro, enmárcase na estratexia DUSI, financiada ao 80% con fondos FEDER
Continue readingO Goberno de Lara Méndez destina 171.000 euros á creación de dous aparcamentos alternativos nos barrios de A Residencia e Castiñeiro
A Xunta de Goberno Local aprobará este mércores a adxudicación das obras, que contarán cun prazo de execución de dez semanas, á empresa Canarga SL.
Estes traballos, ligados á posta en marcha da nova senda verde ciclista da cidade, permitirán crear 69 prazas públicas e gratuítas en Ramón Piñeiro e Lamas López.
Ademais, habilitaranse outros 51 estacionamentos co repintado en batería dos espazos nas rúas Río Mandeo, Pomar, Amizade e Ronda do Carmen.
Continue readingO Concello construirá un centro de Servizos Sociais interxeracional e polivalente en Lamas de Prado seguindo criterios de sustentabilidade
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe a execución deste inmoble, no que se investirá 1,5 millóns de euros e cuxo prazo de execución será dun máximo de 12 meses
O novo equipamento dará servizo aos barrios do Carme, A Cheda, Abuín-Abella e Castiñeiro, así como a diversas parroquias, atendendo as necesidades de 20.000 persoas
O deseño do edificio é funcional e cunha distribución flexible para desenvolver actividades para os maiores, os mozos e os máis cativos e para facilitar a conciliación
Seguindo os criterios de urbanismo sostible impulsados por Lara Méndez, será un centro de consumo enerxético case cero e usará madeira como principal material construtivo
Este proxecto enmárcase na estratexia DUSI Muramiñae, financiada ao 80% pola UE a través dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
Continue readingLara Méndez anuncia o proxecto de mellora e humanización do Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX na zona do Carmen
A alcaldesa destaca a relevancia “para o conxunto do patrimonio lucense” e como “inicio da recuperación e transformación deste barrio que une o casco histórico co Miño”
Recuperaranse os camiños, muros e os elementos singulares e instalarase un sistema de iluminación con balizas respectuoso coa contorna, así como varandas e mobiliario urbano
Unirase o Camiño a través da Ronda do Carmen co primeiro paso de peóns iluminado da cidade, “para unha maior seguridade da veciñanza e dos peregrinos que o percorran”
Mellorarase toda a sinalética dos trazados e colocaranse paneis informativos, que contarán cunha placa en braille para axudar ás persoas con discapacidade
Continue readingA alcaldesa Lara Méndez anuncia a creación de 120 prazas de estacionamento na contorna da nova senda verde ciclista
A rexedora lucense avanzou que o investimento será de 208.300 euros, que se sumará aos 1,2 millóns das obras do carril bicil, de 14 quilómetros, “que cambiará a mobilidade de 8 barrios”
A licitación de dous novos aparcadoiros alternativos, públicos e gratuítos, en Ramón Piñeiro e Francisco Lamas López, aprobaranse mañá en Xunta de Goberno. Son 69 prazas, 7 adaptadas
Ademais, gañaranse 51 novas prazas en Río Mandeo, Rúa do Pomar, Ronda do Carmen e Rúa Amizade co repintado dos espazos en batería
Continue readingAs brigadas do plan de inserción laboral Muramiñae Rehabilita traballan en melloras no parque Rosalía e no Paseo Fluvial do Miño
Os labores que se desenvolven son de xardinería e arranxos medioambientais, albanelería, pavimentación e reparación de mobiliario
O executivo de Lara Méndez, a través deste plan, dá unha oportunidade de formación e traballo durante seis meses a 24 persoas en situación de vulnerabilidade
As actuacións que se irán desenvolvendo nos distintos barrios foron solicitudes presentadas pola propia veciñanza nun proceso de participación cidadá
Continue readingO executivo de Lara Méndez adxudica por 1,2 millóns as obras da senda ciclista verde, que cambiará a mobilidade en 8 barrios da cidade
A Xunta de Goberno local aprobou este mércores a adxudicación dos traballos, de seis meses de duración, á empresa Taboada y Ramos S.L.
A nova senda verde terá unha lonxitude de 14 quilómetros, que percorrerá Paseo do Miño, Parque Rosalía, Ronda do Carme, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, A Residencia e Camiño Real
Este proxecto enmárcase na estratexia Muramiñae, posta en marcha pola rexedora con fondos europeos co fin de unir a trama urbana da cidade co río Miño
Continue readingO Goberno de Lara Méndez destina máis de 500.000 euros a dotar dun centro de respaldo que evite incidencias na E-Administración
O executivo levará á próxima Xunta de Goberno a licitación do equipamento para dotar ao Concello dun novo Centro de Proceso de Datos, co que garantir o acceso á sede electrónica e ao resto de servizos municipais, no caso de caída dos servidores actuais
Esta iniciativa enmárcase na estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible DUSI Muramiñae, financiada ao 80% con fondos europeos
Continue readingLara Méndez firma os contratos do Muramiñae Rehabilita de mellora en barrios, que da unha oportunidade laboral a 24 persoas en situación de vulnerabilidade
A alcaldesa lles deu a benvida ao Concello, destacou o valor do traballo que van a realizar e animoulles a aproveitar este emprego e esta formación para o seu futuro profesional
Tres brigadas encargaranse de arranxos medioambientais, albanelería e pavimentación e reparación de mobiliario e infraestrutura urbana na zona DUSI
Continue reading