
Benvida institucional
O Concello de Lugo está levando a cabo unha estratexia de desenvolvemento urbano sostible integrado (EDUSI). O proceso de elaboración de dita estratexia parte dunha análise integrada da área territorial e da identificación dos retos da cidade que afrontará a estratexia.
Con Muramiñae, ademais de unha importante transformación do entorno comprendido entre Porta Miñá e o río Miño, buscamos potenciar o turismo como motor económico do concello, mellorar a mobilidad e converter o río nun elemento dinamizador máis. Para iso contémplanse na estratexia actuacións que permitan afrontar diferentes retos económicos, climáticos, ambientais, demográficos e sociais da cidade.
Grazas a Muramiñae, Lugo vai a ser unha cidade máis humana. Témolo case todo: patrimonio, gastronomía, arte, ocio, turismo, e agora, introducindo o río no día a día dos lucenses imos ser máis e mellor cidade.
O proxecto, ten un prazo de execución de 4 anos, conta cun orzamento de 12.050.000 euros, dos que o Ministerio achega el 80%, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e o Concello o resto, o 20%, uns 2,5 millóns de euros.
As cidades son para que as persoas as desfruten, e con esta estratexia, recuperaremos espazos para que elas sexan protagonistas.
Lara Méndez