A pasarela para peóns e bicicletas ao Miño, coa que o Goberno dá resposta a unha forte demanda dos afeccionados do CD Lugo e da cidadanía en xeral, situarase ao lado do enlace que conduce ao centro comercial, en terreos municipais, o que axilizará a construción. O orzamento é de 555.000€
A proposta para a ampliación do paso inferior da N-VI pasa por demoler a propia estrutura actual e executar unha nova, cun gálibo horizontal e vertical máis amplos, o que diminuirá o efecto túnel e o fará moito máis agradable para o usuario. O investimento é de 690.000€
Tras descartar a construción dunha rotonda pola inviabilidade técnica, a opción sobre a que o Concello traballa agora para a reforma da Volta da Viña é crear un acceso directo dende o mirador, para o que está pendente da autorización de Fomento
Prevese a construción dun pozo de bombeo na rúa Vicedo, que recollerá as augas de escorrentía da propia vía e as dos dous colectores existentes na zona que verten ao Rego dos Hortos, para levalas á rede xeral de saneamento, a través do pozo de rexistro existente na rúa Santiago. O importe é de 60.000€
En canto á posta en valor do patrimonio do Carme, contémplase, entre outras actuacións, valorizar a cloaca romana descuberta no ano 2008 na parte traseira da Sala de Exposicións Porta Miñá para facela visitable e aberta ao público a través da súa musealización in situ
Continue reading→