O Día de Europa, este xoves, na Praza Maior; con actividades infantís sobre o Muramiñae, financiado ao 80% por fondos FEDER

En xornada de mañá, o Concello, a través de Europe-Direct Lugo, celebra un acto institucional, coa lectura dun manifesto, o izado da bandeira europea e a interpretación do himno

En quenda de tarde, os máis cativos e cativas poderán gozar, de balde, co xogo da mariola, un obradoiro de pintacaras e un taller de puzzles. Marco Topo tamén agasallará o seu xogo Lugo MuramiñaeContinue reading

A Alcaldesa preséntalle aos grupos da Corporación o anteproxecto para crear 7 caldas na contorna do Miño, cofinanciadas con fondos FEDER

Fíxoo na xuntanza da Comisión de Seguimento do Muramiñae, que se celebrou esta mañá no Salón de Comisións

As piscinas deseñadas serán de acceso público e non afectarán ao caudal do río, xa que as augas que se empregarán serán da traída. Propóñense caldas integradas e nada invasivas coa contorna, respectuosas co medio e accesiblesContinue reading

Amplíase ata este venres o prazo de presentación dos debuxos do concurso sobre a axuda dos fondos FEDER para a descontaminación dos solos do Carme

O certame está dirixido ao alumnado de primaria dos colexios do municipio de Lugo. Admitirase un máximo dun debuxo por persoa participante

Trátase dun concurso para involucrar ás nenas e nenos na importancia dun desenvolvemento urbano sostible e conciencialos sobre a necesidade de coidar o medio ambiente. Está enmarcado na Estratexia DUSI

Continue reading

O Concello conmemora o Día Mundial da Natureza cun concurso de debuxo sobre a axuda dos fondos FEDER para a descontaminación dos solos do Carme

A Alcaldesa anunciou este novo certame, co fin de involucrar ás nenas e nenos na importancia dun desenvolvemento urbano sostible e conciencialos sobre a necesidade de coidar o medio ambiente. Está enmarcado na Estratexia DUSI

O concurso de debuxo está dirixido ao alumnado de primaria dos colexios do municipio de Lugo. Admitirase un máximo dun debuxo por persoa participante. Os traballos deben presentarse no modelo oficial do concurso que facilita o Concello, na Oficina EDUSI do Concello antes do 5 de abril

Continue reading

O Concello abre un proceso de reflexión e participación cos axentes sociais e económicos para consensuar unha estratexia de cidade

Lara Méndez explicou como será o proceso Sumando Lugo, que recollerá “unha visión común da cidade do século XXI pensando no seu futuro”

O documento servirá de orientación ás intervencións e políticas públicas dos próximos anos e para responder ás perspectivas dos novos programas europeos

Crearanse grupos de traballo cos colectivos e axentes vinculados á empresa, veciñanza, política, universidade, cultura, deporte, mocidade e discapacidade, entre outros

Continue reading