Entregados os premios ás nenas e nenos gañadores do concurso de debuxo sobre a aportación dos fondos FEDER á descontaminación do Carme

Lara Méndez, Ana Abelleira e Manuel Núñez entregáronlles os agasallos, no marco das actividades organizadas polo Concello para conmemorar o día de Europa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e do Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez; entregaron este xoves, no patio do Vello Cárcere, os diplomas e agasallos ás nenas e nenos gañadores do concurso de debuxo posto en marcha polo Concello, enmarcado dentro da Estratexia DUSI de Lugo, denominada Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiada ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Fíxerono no marco das actividades organizadas pola entidade local para conmemorar o Día de Europa, que se celebra cada 9 de maio.

O certame, que recibiu uns 200 traballos de cativos e cativas de entre 6 e 12 anos, versou sobre unhas tarefas que se farán posibles grazas a esta estratexia e estes fondos FEDER procedentes da Unión Europea: a descontaminación no barrio do Carme, unha actuación que comezará nas vindeiras semanas e que consiste en eliminar os verquidos non controlados existentes na zona. Trátase, pois, duns traballos que mellorarán a calidade ambiental e a estética da cidade e cos que se axudará a protexer o patimonio natural de Lugo.

As e os gañadores son os seguintes (os primeiros premios recibiron unha tablet, os segundos unha bicicleta e os terceiros un eazyroller):

Alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria

  • 1º premio: Antonio Rodríguez Pena
  • 2º premio: Martina Rábade Holguín
  • 3º premio: martina Castro Cortón

Alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria

  • 1º premio: Celia López-Freire Francia
  • 2º premio: Hugo López Somoza
  • 3º premio: Naiara Paz Colcha

Alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria

  • 1º premio: Germán Rabanal Freire
  • 2º premio: Marta Doce García
  • 3º premio: Juan Vila Moreira
Publicado en Revitalización da Zona do Carme y etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *