Xestión

Os criterios de selección de intervencións concretas das liñas de actuación do Plan de Implementación serán de dous tipos: os xerais e os específicos. Os segundos indícanse ao describir cada liña de actuación. Respecto aos criterios de selección xerais, incluirán os siguientes, que poderán ter maior ou menor peso, en función da liña de actuación da que se trate:

Grado de contribución ás prioridades horizontais e os obxectivos transversais do POCS. Terase en conta a súa consideración no deseño da intervención, na execución da medida e nos resultados previstos, así como os indicadores específicos.

Implicacións financieiras para o Concello unha vez finalizadas as inversións da Estratexia DUSI.

Concentración de recursos financieiros que reduzan o esforzo proporcional da xestión.

Análise dos riscos asociados á intervención, en términos de probabilidade e impacto sobre os obxectivos da Estratexia, a senda financieira e o cronograma previsto.

Integración con outras actuacións e obxectivos. Grado de contribución aos obxectivos e interrelación co resto de actuacións.

Seguimento e avaliación

En canto á integración vertical da Estratexia DUSI, é coherente tanto co POCS como cos Programas Operativos FEDER e FSE de Galicia 2014-2020 e un dos retos consiste na cooperación con outras administracións.

Para deseñar o seguimento e a avaliación da Estratexia DUSI e o seu Plan de Implementación concibirase como un sistema adaptado a un “programa operativo reducido”, ca fin de conseguir a máxima coordinación co MINHAP.

Para a puesta en práctica da estratexia concentrarase o Plan de Implementación nun Manual dos procesos de xestión, seguimento e control das intervencións, no que se incluirán os sistemas de seguimento e avaliación, baseados en indicadores. Ditos indicadores, na medida do posible, considerarán polo menos os indicadores de produtividade e resultado do Eixe 2 do POCS, sen perxuizo do uso de outros parámetros complementarios. En todo caso, os indicadores tamén considerarán os principios horizontais y prioridades transversais.

O sistema de seguimento adaptarase ás exixencias do MINHAP para asegurar que a información e os documentos exixidos se adaptan ao sistema de seguimento do POCS, para así proporcionar os datos pertinentes en tempo e forma.

Os exercicios de avaliación incluirán tanto a evaluación continua que preveña a desviación en tempos ou financiación e a avaliación de resultados, en liña coas directrices que marque o MINHAP e que, en todo caso, permita coñecer en que medida se acadaron os logros previstos e cales son as causas.

Ca fin de asegurar unha axeitada información e publicidade (I+P) da contribución do FEDER a través do POCS á cofinanciación das operacións concretas levaranse a cabo, entre outras, as seguintes actuacións:

  •  Elaboración dunha estratexia de comunicación que determine o público obxcetivo, que o divida por tipos e estableza medidas concretas de información e publicidade. Teranse en conta os indicadores de I+P do POCS e as indicacións para aportar a información.
  •  Preparación dunhas instruccións en materia de I+P para que sexan aplicadas por todos os axentes 127 involucrados, sexan do Concello ou da cidade.
  •  Preparación dun emblema da Estratexia e posta a disposición de todos os axentes involucrados, así como o emblema, o lema. A mención do FEDER e da UE.
  •  Creación dun sitio web específico da estratexia que incluirá enlaces de interese á UE e á DGFC, entre outros.

Entre outras medidas: indicarase a cofinanciación nos plegos de contratación, en todos os documentos susceptibles de ser lidos por terceiros, nos documentos de traballo, na páxina web, en todos os documentos de seguimento xerados no marco do POCS; actividade o 8 de maio (Día de Europa) e participación nos eventos aos que sexa convidado pola Autoridade de Xestión do POCS.