Como se abrirá a cidade ao Miño?

Co obxectivo de unir a cidade e o río a través da zona do Carmen, eliminar a descontinuidade urbana que existe entre a Porta Miñá e o Miño, aproveitando ademais que discorre o Camiño de Santiago, e integrar o entorno fluvial na cidade, Muramiñae inclúe unha serie de actuacións que poden agruparse nas seguintes 7 liñas estratéxicas:

-Instalación de dispositivos de aforro enerxético

-Sistemas de xestión que permitirán o control punto a punto da rede de alumeado para conseguir un consumo eficiente

-Renovación do equipamento

-Implementación dun sistema de toma de datos e análise que axude a identificar accións para optimizar o consumo

-Fomento da reciclaxe orgánica

A través de accións de humanización e ordenación urbanística.

-Acondicionamento da traza do Camiño de Santiago

-Estudo arqueolóxico da zona e creación de novas ventás arqueolóxicas, elaboración de material didáctico, e posta en valor dos restos arqueolóxicos das Termas Romanas

 Levaranse a cabo entre a trama urbana e o río para favorecer a mobilidade e o acceso a zonas de esparexemento e deportivas situadas no entorno do Miño, como o estadio de fútbol Anxo Carro, o Pazo de Feiras e Congresos ou o Club Fluvial.

Entre outras medidas, inclúense:

-Crear un acceso rodado á altura da Volta da Viña que conecte directamente coa N-VI en sentido A Coruña, evitando así o rodeo que os condutores teñen que facer na actualidade. Isto mellorará a seguridade de vehículos e peóns e permitirá peonalizar a Calzada da Ponte, actuación tamén contemplada neste proxecto.

-Construír unha pasarela sobre a estrada nacional e ampliar o paso subterráneo

-Acondicionar un acceso que permita chegar a pé á zona fluvial, o que contribuirá a diminuír o tráfico rodado e humanizar a cidade

-Potenciar o uso do transporte público coa ampliación e a modernización da rede de transporte; desenvolver un plan de mobilidade en bicicleta, e a intermodalidade entre o transporte público e a bicicleta

Con novas actividades e dotacións culturais, así como accións de protección da ribeira e rexeneración de espazos. Entre outras medidas, proponse a creación dun parque temático da cultura castrexo romana no entorno fluvial que recree esta época e que acolla actividades divulgativas, con aportacións das asociacións culturais da cidade vinculadas ao Arde Lucus.

Para ampliar os servizos públicos prestados aos cidadáns e poder facelo con máis eficacia e eficiencia, mellorar a transparencia, e impulsar a participación cidadá e a estratexia de Goberno Aberto.
Entre outras actuacións, inclúese:

-Modernizar a Administración Electrónica

-Ampliar os servizos dispoñibles da Tarxeta Cidadá para atraer novos usuarios e mesmo crear unha App cos servizos e virtualizar a tarxeta

-Desenvolver unha plataforma con navegador xeográfico –XIS- para a xestión intelixente das infraestruturas locais e o mobiliario urbano

-Crear unha plataforma de participación cidadá, unha aplicación que permita xestionar as súas solicitudes e iniciativas, e un sistema que permita realizar notificacións masivas aos veciños en función dos seus intereses

O proxecto estimula a creación de emprego e a inserción sociolaboral e apoia o emprendemento a través de iniciativas relacionadas coa revalorización dos recursos naturais e patrimoniais.