Lugo celebra o Día do Medio Ambiente con actividades no Carme, onde o Concello vén de descontaminar os solos coa axuda dos fondos FEDER

Ás 18:00 horas haberá unha visita guiada á zona de actuación destas tarefas. A enxeñeira civil encargada da EDUSI explicará as obras, coas que o Concello elimina os verquidos non controlados. Esta visita repetirase ás 18.30 horas

Tras cada visita haberá un taller de sostibilidade ambiental a carón da Sala de Exposicións Porta Miñá. Cada visita guiada está limitada a 20 nenas e nenos, acompañados. Para participar é preciso inscribirse a través do 010

Lugo celebra o Día do Medio Ambiente, que se conmemora este mércores, 5 de xuño, con actividades de balde, dirixidas ás familias, na contorna do Carme, onde o Concello vén de acometer as obras de descontaminación dos solos, unha actuacións cun orzamento de 59.500 euros.

Ás 18:00 horas haberá unha visita guiada á zona de actuación destas tarefas, enmarcadas dentro da estratexia DUSI de Lugo, denominada Muramiñae: da Muralla ao Miño, financiada ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A enxeñeira civil encargada da EDUSI,  Gema Iglesias, explicará as obras, coas que o Concello elimina os verquidos non controlados, minimizando o impacto que estes teñen na contaminación medioambiental e tamén na estética urbana. Esta visita repetirase ás 18.30 horas. Tras cada visita haberá un taller de sostibilidade ambiental a carón da Sala de Exposicións Porta Miñá. Cada visita guiada está limitada a 20 nenas e nenos, acompañados. Para participar é preciso inscribirse a través do 010.

Con estas actividades medio ambientais, o Concello da a coñecer a súa estratexia EDUSI, Muramiñae, así como o papel do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional na mellora da cidade aproveitando o Día do Medio Ambiente, unha cleebración para concienciar sobre a importancia de coidar o medio e de preservar a contonra dende unha actitude responsable.

O Día do Medio Ambiente na Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal Isidro Novo tamén celebra o Día do Medio Ambiente cun contacontos, para nenas e nenos a partir de 4 anos, de Toño Núñez, que trae ás instalacións municipais un mago de goma, un rato que caza gatos, un esquío que non lle ten medo ao frío, unha gotiña viaxeira e moitas cousas máis. Será tamén o día 5 de xuño a partir das 18.30 horas. Para participar é preciso recoller invitacións na propia biblioteca.

Publicado en Revitalización da Zona do Carme y etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *