


Que actuacións realiza
o MURAMIÑAE?
A estratexia abarca accións para mellorar a accesibilidade á contorna fluvial, como é a construción dunha pasarela peonil sobre a N-VI, a ampliación e mellora do paso soterrado baixo a N-VI, a construción dun itinerario de 13 quilómetros de carril-bici ou a peonalización e humanización da Calzada da Ponte. Pero tamén busca a revalorización dos recursos patrimoniais de Lugo, onde destacan proxectos como a mellora do Camiño Primitivo e a Vía XIX, a mellora e revitalización do barrio do Carme, a posta en valor dos restos arqueolóxicos ou a execución dunhas Caldas na marxe do Miño.
Inclúe tamén unha parte fundamental de proxectos vinculados á inclusión social e á loita contra a pobreza a través da inserción laboral como é a construción dun novo centro de servizos sociais ou o MURAMIÑAE REHABILITA.


Cales son os obxectivos de Muramiñae Rehabilita?

Crear postos de traballo, conseguir experiencia laboral, formar e capacitar a 27 persoas, 24 de elas en situación de vulnerabilidade, durante 6 meses.

Realizar melloras e acondicionamento nos espazos públicos da zona Muramiñae.

Fomentar a participación dos lucenses neste proxecto europeo.

Coñece mellor o
Muramiñae Rehabilita

Plan de Emprego
Muramiñae Rehabilita
Programa municipal de intervención socio–laboral que permitirá desenvolver, durante seis meses, obras de mellora nos dez barrios da cidade que integran a zona DUSI, ao mesmo tempo que se lle dá unha oportunidade, formación e capacitación laboral a 27 persoas, 24 delas pertencentes a colectivos vulnerables.

Muramiñae
Dito e Feito!
Campaña de participación aberta a toda a cidadanía lucense co fin de que sexan as persoas, coas súas ideas, as que propoñan reparacións e actuacións a realizar na zona do Muramiñae e así colaborar a integrar a Muralla co Miño.
En que
consiste?
A acción consiste en que tódalas persoas de Lugo participen enviando a súa proposta/idea de reparación na zona Muramiñae ao Concello de Lugo, a través do proxecto Muramiñae.
Cal é a zona
Muramiñae?
A zona Muramiñae abarca o oeste da cidade de Lugo, está composta pola área funcional urbana do entorno fluvial do Río Miño e os barrios de Recatelo, A Cheda, A Ponte – San Lázaro, O Carme, A Milagrosa, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, Abuín e Saamasas.
Que se considera
unha reparación?
Consideraremos reparación:
– Toda aquela acción que teña como finalidade devolver algo, que estaba deteriorado ou avariado, ao bo estado.
– Toda acción que diminúa ou faga desaparecer os efectos daniños, negativos ou prexudiciais doutra.
Como enviar
a túa proposta
– Co formulario que atoparás máis abaixo nesta páxina.
– De xeito presencial nas rúas e prazas da zona Muramiñae. Para visibilizar o proxecto e que tódalas persoas poidan achegarnos a súa idea de xeito presencial, os propios capataces das obras recollerán as propostas en papel, respectando as medidas hixiénico sanitarias establecidas polo Goberno e Comunidade Autónoma.
Dito
e feito!
Formulario de propostas Muramiñae Rehabilita
