O Concello conmemora o Día Mundial da Natureza cun concurso de debuxo sobre a axuda dos fondos FEDER para a descontaminación dos solos do Carme

A Alcaldesa anunciou este novo certame, co fin de involucrar ás nenas e nenos na importancia dun desenvolvemento urbano sostible e conciencialos sobre a necesidade de coidar o medio ambiente. Está enmarcado na Estratexia DUSI

O concurso de debuxo está dirixido ao alumnado de primaria dos colexios do municipio de Lugo. Admitirase un máximo dun debuxo por persoa participante. Os traballos deben presentarse no modelo oficial do concurso que facilita o Concello, na Oficina EDUSI do Concello antes do 5 de abril

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este venres un novo concurso de debuxo que vai poñer en marcha o Concello, enmarcado dentro da Estratexia DUSI de Lugo, denominada Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiada ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER); co fin de involucrar ás nenas e nenos na importancia dun desenvolvemento urbano sostible e conciencialos sobre a necesidade de coidar o medio ambiente.

Concretamente, o certame versará sobre unhas tarefas que se farán posibles grazas a esta estratexia e estes fondos FEDER procedentes da Unión Europea: a descontaminación no barrio do Carme, unha actuación que comezará nas vindeiras semanas e que consiste en eliminar os verquidos non controlados existentes na zona. Trátase, pois, duns traballos que mellorarán a calidade ambiental e a estética da cidade e cos que se axudará a protexer o patimonio natural de Lugo.

Este certame educativo de debuxo está dirixido ao alumnado de primaria dos colexios do municipio de Lugo e lánzase aproveitando a conmemoración do Día Mundial da Natureza, unha celebración para lembrar a necesidade de combater os ataques contra o medio ambiente.

Tal e como recollen as bases, admitirase un máximo dun debuxo por persoa participante, que ten liberdade para utilizar a técnica que desexen. Valorarase a orixinalidade e calidade do debuxo. Os traballos deben presentarse no modelo oficial do concurso que facilita o Concello, na Oficina EDUSI do Concello, antes do 5 de abril. Os mellores debuxos serán recoñecidos cun diploma e un agasallo.

O xurado estará integrado por un técnico/a dE EDUSI, outro da área de medio ambiente, outro da aréa de eduación e un profesional das artes plásticas. O xurado decidirá o traballo gañador antes do luns, 22 de abril.

Os premios entregranse o Día de Europa, unha data importante para trasmitir información sobre a política rexional comunitaria en España.

Máis info

  • CONCURSO DE DEBUXO “Descontaminación no barrio do Carme” | Descargar pdf

Audio

  • A alcadelsa Lara Méndez, sobre o CONCURSO DE DEBUXO “Descontaminación no barrio do Carme” | Descargar mp3
Publicado en Sin categoría y etiquetado ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *