O Concello implica aos lucenses na elaboración dunha candidatura para conseguir novos fondos europeos para a cidade

Poderán definir os retos, problemas, prioridades e liñas de actuación a contemplar no proxecto que concorrerá ao programa de Desenvolvemento Urbanos Sostible Integrado a través dunha enquisa colgada en www.lugo.gal 

No marco da súa aposta pola participación cidadá como liña mestra da acción municipal, o Concello decidiu implicar aos veciños e veciñas de Lugo na elaboración dunha candidatura para conseguir novos fondos europeos para a cidade, concorrendo ao programa de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (DUSI), financiado polos FEDER. O obxectivo desta convocatoria é aproveitar os recursos históricos e medioambientais da cidade para impulsar o seu desenvolvemento e proxección.

Co fin de que os cidadáns e cidadás participen na definición dos retos, problemas, prioridades e liñas de actuación a contemplar no proxecto que concorrerá aos fondos europeos, e de que o poidan facer dunha maneira rápida e sinxela, o Concello colgou unha enquisa na súa páxina web –www.lugo.gal-, que dende hoxe mesmo poden cubrir e enviar vía on line, ata o día 31 de decembro.

Con estas bases, un equipo técnico de traballo, xa constituído, elaborará o proxecto que se presentará ao DUSI. O prazo para facelo remata a mediados de 2016.

Accede á enquisa >>

Publicado en Aforro enerxético e medioambiental, Emprego, Entorno fluvial, Novas conexións, Novas tecnoloxías, Posta en valor do patrimonio, Revitalización da Zona do Carme y etiquetado ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *