O Goberno lanza o Muramiñae Rehabilita, un plan de capacitación laboral e obras enmarcado na EDUSI, financiada por fondos FEDER

Coa pretensión de facer de Lugo unha cidade integradora e social, ponse en marcha este plan, dirixido a colectivos en risco de exclusión. Así, o Goberno continúa desenvolvendo actuacións que faciliten a empregabilidade de calidade no municipio

A Alcaldesa anunciou o Muramiñae Rehabilita, co que se crearán 3 brigadas formadas por 27 traballadores e traballadoras, en situación de desemprego, para realizar obras de mellora na zona que abarca a estratexia DUSI

O Concello contratará a 3 persoas que se encargarán de dirixir cada brigada e 24 peóns. Así mesmo, facilitaráselles, apoio que recibirán tanto ao inicio como ao final para contribuír á súa inserción posterior no mundo laboral

O orzamento do Muramiñae Rehabilita, financiado ao 80% por Fondos Europeos de Desarrollo Rexional, é de 654.000€. Os fondos FEDER axudan en Lugo a promover a inclusión social e á rexeneración social

“O Concello non sería a institución máis próxima á veciñanza senon déramos unha resposta ás súas preocupacións. E unhas das prioritarias é o emprego, e tamén contar cunha cidade máis cómoda”, subliñou Lara Méndez

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este vernes, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, unha nova acción que vai lanzar o Goberno, dentro da  execución da  Estratexia Dusi de Lugo. Trátase do Muramiñae Rehabilita, un plan de capacitación laboral e obras, financiado ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Previamente, a rexedora déullelo a coñecer aos grupos da oposición na comisión de seguimento do DUSI.

Coa pretensión de facer de Lugo unha cidade integradora e social, ponse en marcha este plan, dirixido a colectivos en risco de exclusión, “co que promovemos a inclusión social ao tempo que traballamos pola mellora da zona urbana de Lugo”.

Con este plan, que se aprobará proximamente en Xunta de Goberno, “crearemos 3 brigadas formadas por 27 traballadores e traballadoras, persoas en situación de desemprego, para realizar obras de acondicionamento e mellora na zona DUSI”, delimitada, a grandes rasgos pola Avenida da Coruña, Poeta Curros Enríquez, rúa Mazaira, Flor de Lirio, Orquídea, Avenida Breogán, Orzabai, Fermín rivera, paseo Álvaro Cunqueiro, Armando Durán, Praza de Avilés, Puro Cora, Avelino Pousa Antelo, Cidade de Viveiro e Ronda da Muralla.

Obxectivos do Muramiñae Rehabilita

Co Muramiñae Rehabilita conseguiranse dous obxectivos:

  1. Por unha banda, a formación e capacitación de persoas en risco de exclusión social, creando 27 empregos durante 6 meses.
  2. E por outra, a realización de obras de mellora e acondicionamento de espazos públicos, pois as brigadas dedicaranse a xardinería e arranxos medioambientais; albanelería e pavimentación; e reparación de mobiliario e infraestrutura urbana.

O Concello contratará a 3 persoas que se encargarán de dirixir cada brigada e 24 peóns. Así mesmo, facilitaráselles formación aos traballadores e traballadoras, apoio que recibirán tanto ao inicio como ao final para contribuír á súa inserción posterior no mundo laboral.

Co plan Muramiñae Rehabilita, continuamos desenvolvendo actuacións eficaces que faciliten a empregabilidade de calidade e en boas condicións no noso municipio.

“A día de hoxe creo que ninguén dubida do noso compromiso e esforzo económico coas políticas de emprego deste Concello, aínda non tendo as competencias, que son da Xunta e o Goberno central”, subliñou Lara Méndez, quen lembrou que o pasado ano se dedicaron nos orzamentos 3M€, que suben a 5M€ no proxecto de presupostos do Goberno deste ano; con iniciativas en marcha actualmente como o Inicia Coworking (que xa vai pola 4ª e última edición), os obradoiros Forum 4.0 e Interactivate ou o Plan Mellora Lugo 2019. Todo co respaldo da inserción do Plan Empregalia, o éxito do viveiro de empresas a pé de rúa na Tinería ou o 100% da ocupación do CEI Nodus.

Orzamento

O orzamento desta iniciativa de capacitación laboral, financiado ao 80% por Fondos Europeos de Desarrollo Rexional, é de 654.000 euros. Os fondos europeos FEDER, coas axudas reportadas, axudan en Lugo a promover a inclusión social e á rexeneración social da nosa contorna urbana.

“O Concello non sería a institución máis próxima á veciñanza senon déramos unha resposta ás súas preocupacións. E unhas das prioritarias é o emprego, e tamén contar cunha cidade máis cómoda, accesible, sostible e integradora”, concluíu a Alcaldesa.

Audio

  • A alcaldesa Lara Méndez sobre o plan Muramiñae Rehabilita | Descargar mp3
Publicado en Emprego y etiquetado ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *