O Goberno perfila os eixos para o desenvolvemento do Muramiñae, Da Muralla ao Miño, financiado ao 80% polos fondos FEDER

No encontro foron establecidos os aspectos chave para a posta en marcha deste proxecto de 12,5M€, tales como a planificación, aliñación con outras estratexias que está levando a cabo o Concello e as posibles sinerxías de traballo

O Goberno Municipal perfila os eixos para o desenvolvemento do proxecto Muramiñae, da Muralla ao Miño, a efectos de coordinar traballos e definir detalles desta iniciativa para a que o Ministerio de Facenda e Administración Pública concedeu ao Concello 10 millóns de euros, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) co obxectivo de integrar o Miño na cidade a través do Carme e facer así unha cidade máis verde, máis sustentable, máis integradora e máis moderna. O Concello achegará ademais outros 2,5 millóns de euros a este proxecto.

Durante o encontro, no que participaron a Alcaldesa e a totalidade dos concelleiros do Goberno, foron establecidos os aspectos chave para a posta en marcha do Muramiñae, tales como a planificación, a aliñación con outras estratexias que está levando a cabo o Concello e as posibles sinerxías de traballo. Durante a reunión tamén se definiron algúns dos indicadores de seguimento ou avaliación do plan de implementación doMuramiñae.

Muramiñae inclúe unha serie de actuacións que poden agruparse en 7 liñas estratéxicas, revitalización da zona do Carmen con accións de humanización e ordenación urbanística, posta en valor do patrimonio, creación de novas conexións a pé, en bicicleta e rodadas entre a trama urbana e o río; impulso do entorno fluvial con novas actividades e dotacións culturais, estímulo da creación de emprego e potenciación do uso das novas tecnoloxías para ampliar os servizos públicos prestados aos cidadáns. Co Muramiñae, ademais dunha importante transformación do entorno comprendido entre a Porta Miñá e o río Miño, o Goberno busca potenciar o turismo como motor económico do concello, mellorar a mobilidade e converter o río nun elemento dinamizador máis.

Publicado en Aforro enerxético e medioambiental, Emprego, Entorno fluvial, Novas conexións, Novas tecnoloxías, Posta en valor do patrimonio, Revitalización da Zona do Carme y etiquetado , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *