Presentados 200 traballos ao concurso de debuxo sobre a axuda dos fondos FEDER para a descontaminación do Carme

O concurso de debuxo posto en marcha polo Concello, enmarcado dentro da Estratexia DUSI de Lugo, denominada Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiada ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER); recibiu uns 200 traballos de nenos de entre 6 e 12 anos.

O certame versou sobre unhas tarefas que se farán posibles grazas a esta estratexia e estes fondos FEDER procedentes da Unión Europea: a descontaminación no barrio do Carme, unha actuación que comezará nas vindeiras semanas e que consiste en eliminar os verquidos non controlados existentes na zona. Trátase, pois, duns traballos que mellorarán a calidade ambiental e a estética da cidade e cos que se axudará a protexer o patimonio natural de Lugo.

Precisamente o xurado deste certame reuniuse este venres, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, para decidir as creacións gañadoras. Estivo integrado pola técncia de EDUSI, Rita González, o técnico de medio ambiente, Miguel Negral, a técnica de eduación, Margarita Calderón, e un profesional das artes plásticas, Christian Gutiérrez.

As e os gañadores son os seguintes:

Alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria

  • 1º premio: Antonio Rodríguez Pena
  • 2º premio: Martina Rábade Holguín
  • 3º premio: martina Castro Cortón

Alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria

  • 1º premio: Celia López-Freire Francia
  • 2º premio: Hugo López Somoza
  • 3º premio: Naiara Paz Colcha

Alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria

  • 1º premio: Germán Rabanal Freire
  • 2º premio: Marta Doce García
  • 3º premio: Juan Vila Moreira

Os premios entregaranse o Día de Europa, unha data importante para trasmitir información sobre a política rexional comunitaria en España.

Publicado en Revitalización da Zona do Carme y etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *