Lugo celebra o Día do Medio Ambiente con actividades no Carme, onde o Concello vén de descontaminar os solos coa axuda dos fondos FEDER

Ás 18:00 horas haberá unha visita guiada á zona de actuación destas tarefas. A enxeñeira civil encargada da EDUSI explicará as obras, coas que o Concello elimina os verquidos non controlados. Esta visita repetirase ás 18.30 horas

Tras cada visita haberá un taller de sostibilidade ambiental a carón da Sala de Exposicións Porta Miñá. Cada visita guiada está limitada a 20 nenas e nenos, acompañados. Para participar é preciso inscribirse a través do 010Continue reading

O Goberno creará, con fondos FEDER, un carril bici de máis de 15 quilómetros, para impulsar a mobilidade sostible na cidade

Lara Méndez deu a coñecer este “proxecto ambicioso, que busca converter a bici nun elemento normalizado da paisaxe de Lugo”, redactado en base ao Plan de Mobilidade e ao Proxecto de Promoción da BicicletaO orzamento da iniciativa, enmarcada dentro do Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiado ao 80% polo Fondos Europeos de Desarrollo Regional, é dun millón de euros e o prazo de execución son 6 meses

“Trátase dunha inversión potente que fará de Lugo unha cidade máis saudable, ecolóxica, sostible e deportiva, con mellores infraestruturas, todo elo prioridade para o Goberno”, subliñou a Alcaldesa

Os límites deste nova rede ciclista son a Avenida da Coruña, Ronda da Muralla, Parque Rosalía de Castro, río Miño cara o río Mera, límite da zona urbana en Abella e rúa Mazaira. Conta con 27 tramos diferenciados e foi deseñado atendendo a principios de cohesión rectitude, seguridade, conforte e atractivo

Continue reading

O Concello adxudica a redacción do proxecto para crear 16 quilómetros de carril bici entre a cidade e o Miño

A Alcaldesa anunciou esta actuación, “que nos permite avanzar no noso modelo de cidade, máis accesible, humana, cómoda e sostible” e forma parte do programa europeo EDUSI

O acondicionamento de vías ciclistas súmase a outros 5 proxectos cuxa redacción xa foi adxudicada: a reforma da Volta da Viña, a pasarela peonil ao campo de fútbol, a prolongación do paso subterráneo baixo a N-VI, a posta en valor do patrimonio do Carme e a descontaminación dos solos deste barrio

Continue reading