Onde se desenvolverá?

O proxecto Muramiñae, da Muralla ao Miño, abarca o oeste da cidade de Lugo. Concretamente a área funcional urbana do entorno fluvial do Río Miño (no que conviven zonas de ocio ou deportivas como o estadio de fútbol Anxo Carro, o Pazo de feiras e exposicións ou o Club fluvial cunha importante afluencia de lucenses) e os barrios de Recatelo, A Cheda, A Ponte – San Lázaro, O Carme, A Milagrosa, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, Abuin e Saamasas.

A zona seleccionada conta cun gran potencial arqueolóxico e histórico que se poñerá en valor e que coincide en parte co trazado da vía romana máis importante do noroeste hispano, a chamada vía XIX e co Camiño Primitivo de Santiago

Consulta os mapas da zona

Mapa DUSI 1

Mapa DUSI 2 vista aérea