Lara Méndez supervisa o avance das obras da pasarela peonil da N-VI coa colocación da estrutura central durante esta madrugada

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de técnicos municipais, supervisou este venres o avance das obras da nova pasarela peonil sobre a N-VI, que mellorará a seguridade e comodidade de acceso dende o casco urbano á zona fluvial e ao estadio Anxo Carro. Durante a pasada madrugada leváronse a cabo os traballos de colocación do vano central da pasarela, para o que se habilitaron desvíos nos dous sentidos da estrada nacional.

Continue reading

Avanzan as obras da pasarela peonil da N-VI coa instalación, este xoves, da súa estrutura central, para o que se habilitarán desvíos

Os traballos levaranse a cabo en horario nocturno para minimizar o impacto sobre o tráfico. Sinalizaranse dous desvíos en ambos sentidos de circulación

Os seguintes pasos contemplan a construción das ramplas, a colocación de varandas, así como a instalación de alumeado e a humanización do itinerario

Este proxecto, co que se mellorará a comodidade de acceso ao Miño e ao estadio Anxo Carro, enmárcase na estratexia DUSI, financiada ao 80% con fondos FEDER

Continue reading

O Goberno de Lara Méndez destina 171.000 euros á creación de dous aparcamentos alternativos nos barrios de A Residencia e Castiñeiro

A Xunta de Goberno Local aprobará este mércores a adxudicación das obras, que contarán cun prazo de execución de dez semanas, á empresa Canarga SL.

Estes traballos, ligados á posta en marcha da nova senda verde ciclista da cidade, permitirán crear 69 prazas públicas e gratuítas en Ramón Piñeiro e Lamas López.

Ademais, habilitaranse outros 51 estacionamentos co repintado en batería dos espazos nas rúas Río Mandeo, Pomar, Amizade e Ronda do Carmen.

Continue reading

O Concello construirá un centro de Servizos Sociais interxeracional e polivalente en Lamas de Prado seguindo criterios de sustentabilidade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe a execución deste inmoble, no que se investirá 1,5 millóns de euros e cuxo prazo de execución será dun máximo de 12 meses

O novo equipamento dará servizo aos barrios do Carme, A Cheda, Abuín-Abella e Castiñeiro, así como a diversas parroquias, atendendo as necesidades de 20.000 persoas

O deseño do edificio é funcional e cunha distribución flexible para desenvolver actividades para os maiores, os mozos e os máis cativos e para facilitar a conciliación

Seguindo os criterios de urbanismo sostible impulsados por Lara Méndez, será un centro de consumo enerxético case cero e usará madeira como principal material construtivo

Este proxecto enmárcase na estratexia DUSI Muramiñae, financiada ao 80% pola UE a través dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Continue reading

Lara Méndez anuncia o proxecto de mellora e humanización do Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX na zona do Carmen

A alcaldesa destaca a relevancia “para o conxunto do patrimonio lucense” e como “inicio da recuperación e transformación deste barrio que une o casco histórico co Miño”

Recuperaranse os camiños, muros e os elementos singulares e instalarase un sistema de iluminación con balizas respectuoso coa contorna, así como varandas e mobiliario urbano

Unirase o Camiño a través da Ronda do Carmen co primeiro paso de peóns iluminado da cidade, “para unha maior seguridade da veciñanza e dos peregrinos que o percorran”

Mellorarase toda a sinalética dos trazados e colocaranse paneis informativos, que contarán cunha placa en braille para axudar ás persoas con discapacidade

Continue reading

A alcaldesa Lara Méndez anuncia a creación de 120 prazas de estacionamento na contorna da nova senda verde ciclista

A rexedora lucense avanzou que o investimento será de 208.300 euros, que se sumará aos 1,2 millóns das obras do carril bicil, de 14 quilómetros, “que cambiará a mobilidade de 8 barrios”

A licitación de dous novos aparcadoiros alternativos, públicos e gratuítos, en Ramón Piñeiro e Francisco Lamas López, aprobaranse mañá en Xunta de Goberno. Son 69 prazas, 7 adaptadas

Ademais, gañaranse 51 novas prazas en Río Mandeo, Rúa do Pomar, Ronda do Carmen e Rúa Amizade co repintado dos espazos en batería

Continue reading

As brigadas do plan de inserción laboral Muramiñae Rehabilita traballan en melloras no parque Rosalía e no Paseo Fluvial do Miño

Os labores que se desenvolven son de xardinería e arranxos medioambientais, albanelería, pavimentación e reparación de mobiliario

O executivo de Lara Méndez, a través deste plan, dá unha oportunidade de formación e traballo durante seis meses a 24 persoas en situación de vulnerabilidade

As actuacións que se irán desenvolvendo nos distintos barrios foron solicitudes presentadas pola propia veciñanza nun proceso de participación cidadá

Continue reading

O executivo de Lara Méndez adxudica por 1,2 millóns as obras da senda ciclista verde, que cambiará a mobilidade en 8 barrios da cidade

A Xunta de Goberno local aprobou este mércores a adxudicación dos traballos, de seis meses de duración, á empresa Taboada y Ramos S.L.

A nova senda verde terá unha lonxitude de 14 quilómetros, que percorrerá Paseo do Miño, Parque Rosalía, Ronda do Carme, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, A Residencia e Camiño Real

Este proxecto enmárcase na estratexia Muramiñae, posta en marcha pola rexedora con fondos europeos co fin de unir a trama urbana da cidade co río Miño

Continue reading

O Goberno de Lara Méndez destina máis de 500.000 euros a dotar dun centro de respaldo que evite incidencias na E-Administración

O executivo levará á próxima Xunta de Goberno a licitación do equipamento para dotar ao Concello dun novo Centro de Proceso de Datos, co que garantir o acceso á sede electrónica e ao resto de servizos municipais, no caso de caída dos servidores actuais

Esta iniciativa enmárcase na estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible DUSI Muramiñae, financiada ao 80% con fondos europeos

Continue reading

Lara Méndez firma os contratos do Muramiñae Rehabilita de mellora en barrios, que da unha oportunidade laboral a 24 persoas en situación de vulnerabilidade

A alcaldesa lles deu a benvida ao Concello, destacou o valor do traballo que van a realizar e animoulles a aproveitar este emprego e esta formación para o seu futuro profesional

Tres brigadas encargaranse de arranxos medioambientais, albanelería e pavimentación e reparación de mobiliario e infraestrutura urbana na zona DUSI

Continue reading