Adxudicadas por 1,2 millóns as obras de construción do novo Centro de Servizos Sociais interxeneracional e polivalente de Lamas de Prado

Os traballos contan cun período de execución de 12 meses e a empresa encargada de levalos a cabo será Prado Lameiro S.L.

Lara Méndez: “Este centro prestará servizo a unhas 20.000 persoas dos barrios do Carme, A Cheda, Abuín-Abella e Castiñeiro, así como de diversas parroquias”.

Será un edificio de consumo enerxético case cero, empregando a madeira como principal elemento estrutural, e disporá dunha zona verde ao seu redor.

Contará, ademais, cunha distribución flexible para desenvolver actividades para os maiores, os mozos e os máis cativos e para facilitar a conciliación.Continue reading

Finaliza a primeira fase do Plan Muramiñae Rehabilita coa inserción laboral de 3 traballadores nunha empresa lucense

A alcaldesa mantivo unha videoconferencia cos participantes nesta primeira edición do programa socio-laboral, enmarcado na estratexia DUSI do Concello.

Lara Méndez: “Co voso traballo contribuístes a poñer en valor distintos puntos da cidade, axudando a mellorar o patrimonio lucense e deixando a vosa impronta”.

As brigadas realizaron traballos de albanelería, xardinería e mobiliario no entorno do Miño, nos parques Rosalía, O Castiñeiro e Simón Bolívar e na rúa Garañón.

Continue reading

As brigadas do plan de inserción laboral Muramiñae Rehabilita traballan en melloras no parque Rosalía e no Paseo Fluvial do Miño

Os labores que se desenvolven son de xardinería e arranxos medioambientais, albanelería, pavimentación e reparación de mobiliario

O executivo de Lara Méndez, a través deste plan, dá unha oportunidade de formación e traballo durante seis meses a 24 persoas en situación de vulnerabilidade

As actuacións que se irán desenvolvendo nos distintos barrios foron solicitudes presentadas pola propia veciñanza nun proceso de participación cidadá

Continue reading

Lara Méndez firma os contratos do Muramiñae Rehabilita de mellora en barrios, que da unha oportunidade laboral a 24 persoas en situación de vulnerabilidade

A alcaldesa lles deu a benvida ao Concello, destacou o valor do traballo que van a realizar e animoulles a aproveitar este emprego e esta formación para o seu futuro profesional

Tres brigadas encargaranse de arranxos medioambientais, albanelería e pavimentación e reparación de mobiliario e infraestrutura urbana na zona DUSI

Continue reading

Comeza a campaña de participación cidadá para que os lucenses decidan as obras que se executarán a través do Muramiñae Rehabilita

O Goberno de Lara Méndez abriu esta programación á cidadanía para que sexan os propios veciños e veciñas os que propoñan os traballos de mellora e adecuación de espazos que se levarán a cabo nos dez barrios DUSI da cidade
 
A través desta campaña darase a coñecer o programa entre os lucenses con publicidade sostible en bicicleta e repartiranse formularios a través dos que os veciños e veciñas poderán achegar as súas ideas e peticións
 
Actualmente estase a levar a cabo a selección de 24 peóns e 3 capataces para a execución dos traballos e continúa aberto o prazo, ata o 21 de xullo, para que as empresas interesadas no subministro de material presenten as súas ofertas

Continue reading

Aberto o prazo para que as empresas interesadas no subministro de material para as obras do Muramiñae Rehabilita presenten ofertas

O Goberno de Lara Méndez iniciou o proceso de contratación da maquinaria e ferramentas necesarias para a execución dos traballos, cun total de 606.000 euros
 
A licitación divídese en catro lotes: subministración de áridos e cementos; subministración de pavimentos, elementos prefabricados e formigóns; subministración de útiles de ferraxería; e alugamento de maquinaria e outros útiles

Continue reading

Lara Méndez avanza aos colectivos vulnerables as bases do Muramiñae Rehabilita co que se crearán 27 postos de traballo

A alcaldesa explicoulles que este plan de Intervención Socio-Laboral municipal dá prioridade á contratación a  inmigrantes e minorías étnicas do municipio

A iniciativa actívase tras pararse polo COVID 19 e enmárcase na estratexia DUSI de integración da trama urbana co Miño, “que busca tamén a rexeneración económica e social”

Realizaranse arranxos medioambientais, albanelería, pavimentación e reparación de mobiliario e infraestrutura nos barrios de Recatelo, A Cheda, A Ponte-San Lázaro, O Carme, Milagrosa, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, Abuín e  Saamasas

O Concello abrirá canles de comunicación coa cidadanía para que sexa a propia veciñanza a que propoña e suxira as obras de actuación

Continue reading

O goberno de Lara Méndez dá o primeiro paso para materializar o I Plan Socio – Laboral Muramiñae Rehabilita

Esta mañá a Xunta de Goberno aprobaba a memoria valorada e a execución do proxecto así como as bases de selección que permitirán contratar a 24 peóns de obra para acometer melloras en dez barrios da contorna Dusi

Na sesión desta semana, o executivo local autorizaba tamén catro licenzas urbanísticas dúas delas para construír sendos edificios de vivendas nas rúas Santiago e na avenida Vila Verde

Continue reading

Lara Méndez porá en marcha o I Plan Muramiñae Rehabilita de mellora dos dez barrios da zona DUSI con brigadas formadas por colectivos vulnerables

A alcaldesa anuncia un Plan de Intervención Socio-Laboral que permitirá actuar nos espazos públicos ao mesmo tempo que se lle da unha oportunidade laboral a 24 persoas

Terán prioridade inmigrantes e minorías étnicas, poboación numerosa na zona DUSI xa que o Muramiñae “busca tamén a rexeneración económica e social da contorna fluvial”

O Concello abrirá canles de comunicación coa cidadanía para que sexa a propia veciñanza a que propoña e suxira as obras de actuación

Realizaránse arranxos medioambientais, albanelería, pavimentación e reparación de mobiliario e infraestrutura nos barrios de Recatelo, A Cheda, A Ponte-San Lázaro, O Carme, Milagrosa, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, Abuín e  Saamasas

Continue reading