Finaliza a primeira fase do Plan Muramiñae Rehabilita coa inserción laboral de 3 traballadores nunha empresa lucense

A alcaldesa mantivo unha videoconferencia cos participantes nesta primeira edición do programa socio-laboral, enmarcado na estratexia DUSI do Concello.

Lara Méndez: “Co voso traballo contribuístes a poñer en valor distintos puntos da cidade, axudando a mellorar o patrimonio lucense e deixando a vosa impronta”.

As brigadas realizaron traballos de albanelería, xardinería e mobiliario no entorno do Miño, nos parques Rosalía, O Castiñeiro e Simón Bolívar e na rúa Garañón.

Continue reading

O Goberno lanza o Muramiñae Rehabilita, un plan de capacitación laboral e obras enmarcado na EDUSI, financiada por fondos FEDER

Coa pretensión de facer de Lugo unha cidade integradora e social, ponse en marcha este plan, dirixido a colectivos en risco de exclusión. Así, o Goberno continúa desenvolvendo actuacións que faciliten a empregabilidade de calidade no municipio

A Alcaldesa anunciou o Muramiñae Rehabilita, co que se crearán 3 brigadas formadas por 27 traballadores e traballadoras, en situación de desemprego, para realizar obras de mellora na zona que abarca a estratexia DUSI

O Concello contratará a 3 persoas que se encargarán de dirixir cada brigada e 24 peóns. Así mesmo, facilitaráselles, apoio que recibirán tanto ao inicio como ao final para contribuír á súa inserción posterior no mundo laboral

O orzamento do Muramiñae Rehabilita, financiado ao 80% por Fondos Europeos de Desarrollo Rexional, é de 654.000€. Os fondos FEDER axudan en Lugo a promover a inclusión social e á rexeneración social

“O Concello non sería a institución máis próxima á veciñanza senon déramos unha resposta ás súas preocupacións. E unhas das prioritarias é o emprego, e tamén contar cunha cidade máis cómoda”, subliñou Lara MéndezContinue reading